Los actores y presentadores de Solidarios Grupo Social ONCE 2022 sobre el escenario, que simula una cafetería

Aquí podes ver todas as Galas dos Premios Solidarios do Grupo Social ONCE en 2022

O Grupo Social ONCE en 2022 continuou querendo homenaxear e premiar a solidariedade das distintas rexións e comunidades autónomas españolas. Estas galas, celebradas esta edición en 12 das 17 comunidades autónomas do país, recoñecen o labor de entidades, organismos, medios de comunicación, e PERSOAS, en maiúsculas e en definitiva, que se implican coas persoas con discapacidade, que se comprometen a conseguir coas súas iniciativas e traballo un mundo mellor para todas e todos, un mundo en igualdade, e que loitan por eliminar barreiras e diferenzas.

Cidades máis inclusivas e accesibles, marcas que lanzan produtos e servizos que teñen en conta desde o principio ás persoas con discapacidade, reportaxes ou programas de gran alcance que conciencian sobre a discapacidade e outros asuntos sociais, personalidades totalmente comprometidas con lograr un mundo máis xusto... Moitas son as causas, e todas elas de eloxio, polas que se recibe un Premio Solidario Grupo Social ONCE 2022.

Nesta edición, os actores Patty Bonet e Jacinto Bobo acompañan á presentadora Laura Ferrer nunha cafetería inclusiva, a cores e que envolve co seu recendo ao público e ás autoridades, o Café Ilusión do Grupo Social ONCE, onde caben todas as persoas sexan como sexan, teñan a condición que teñan. Con este fío condutor, os tres condutores do acto van invitando a premiados, dadores de premios e autoridades a subir ao escenario e tomar asento nas mesas do Café Ilusión, nunha das edicións máis interactivas tamén co público dos xa recoñecidos e veteranos Premios Solidarios.

Aquí podes atopar os enlaces a cada unha das galas autonómicas, a súa noticia resumo e o seu auditorio de celebración dos Premios Solidarios Grupo Social ONCE 2022:

Castela-A Mancha 23 xuño   Centro Social Sta. Mª de Benquerencia Ver noticia resuno Ver gala
Andalucía 28 xuño      Teatro Central Ver noticia resumo Ver gala
Baleares 5 xullo Teatro Principal Ver noticia resumo Ver gala
Galicia 13 xullo Centro Ágora Ver noticia resumo Ver gala
Comunidade Valenciana 29 setembro Auditorio de la Diputación de Alicante Ver noticia resumo Ver gala
Aragón 4  outubro Caixa Fórum Ver noticia resumo Ver gala
Murcia 11 outubro Teatro Circo Ver noticia resumo Ver gala
Madrid 25 outubro Teatro Auditorio CDC Pastrana Ver noticia resumo Ver gala
País Vasco 3 novembro Sala BBK Ver noticia resumo Ver gala
Castela e León 9 novembro Teatro Calderón Ver noticia resumo Ver gala
Extremadura 17 novembro Complejo Cultural San Francisco Ver noticia resumo Ver gala
Cataluña 24 novembro Sede DT Ver noticia resumo Ver gala
ONCE Fundación ONCE Ilunion Institucional