Co termo ESG (ASG en galego) explícanse os criterios ambientais, sociais e de gobernanza. Tres aspectos que o Grupo Social ONCE mantén hoxe en día e puxo en práctica desde a súa creación hai oito décadas, toda unha referencia en Responsabilidade.
ESG
Empresarial
As diferentes voces da nosa sociedade (Fonte MERCO) outorgáronnos unha posición nos rankings máis solventes de reputación en España:
Esta posición é o resultado dun traballo constante, sempre convencidos de que xerar valor no noso contorno é a forma que temos no Grupo Social ONCE de agradecer á cidadanía o seu apoio.
Ao longo da historia, o Grupo Social ONCE acumulou unha gran reputación e aceptación social, grazas á súa proximidade, á lotería responsable, segura e social, á calidade e innovación dos servizos sociais e á ética aplicada en todos os ámbitos empresariais e sociais.
Nuestra contribución a los ODS
A nosa contribución está nas accións diarias:
Cada vez son máis as ferramentas coas que o Grupo Social ONCE (ONCE, Fundación ONCE e Ilunion) conta para seguir a sumar pasos e contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente: saúde, benestar, traballo decente, igualdade de xénero, crecemento económico, redución das desigualdades, cidades e comunidades sostibles, produción e consumo responsable, acción polo clima, paz, xustiza e institucións sólidas e alianzas para lograr obxectivos. Colaborando a consolidar unha economía inclusiva, circular e sostible que non deixe a ninguén atrás.
Para o planeta, tanto materiais como residuos son importantes. Estamos en constante movemento para reducir o noso impacto ambiental e estes esforzos cada vez ganan máis terreo na nosas tres áreas (ONCE, Fundación ONCE e Ilunion).
Co obxectivo de crear un contorno máis xusto para todos, desde 2021 impulsamos diferentes iniciativas. Por exemplo, diminuír a contaminación atmosférica, incluíndo a acústica e luminosa, entre moitas outras. Os pasos que damos son firmes cara a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o impulso da eficiencia enerxética.
Todo iso levámolo a cabo estando preto dos teus intereses. Porque a sostibilidade, cando se centra nas persoas, deixa de ser unha meta distante e permite que todos sexamos protagonistas do cambio.
Tamén, desde a nosa área empresarial Ilunion puxemos en marcha proxectos como Llewo, Recycling4all e Bosque Ilunion, que agrupan rendibilidade, impacto social e descarbonización, contribuíndo á consolidación de Ilunion como unha empresa cada vez máis forte na xestión de aspectos ASG.
No social: A nosa esencia
A S é o corazón do que facemos e susténtase na confianza que nos tes cada vez que elixes os nosos produtos ou servizos. Traballar hoxe en consolidar unha economía inclusiva, circular e sostible que nos inclúa a todos por igual é a S social.
Algúns exemplos da nosa actividade social son:
No Grupo Social ONCE podemos confirmar que son moitas as alianzas que nos axudan a cumprir todos os fitos que nos propoñemos. Ser sostible é ser tamén aliado, saber traballar e formar parte do ecosistema empresarial e social que nos rodea. A Fundación ONCE traballa por asegurar eses compromisos sociais: o Programa Programa Por Talento Dixital para o desenvolvemento de competencias no ámbito dixital, Inserta Emprego para a orientación laboral.
Sabemos que os beneficios do traballo van máis aló dunha satisfacción económica, implican proxectos de vida. Por iso, consideramos que a nosa achega debe superar o profesional para formar as chamadas “habilidades brandas” ou “soft skills”. Tanto motivación coma o benestar emocional das persoas son esenciais para o seu desenvolvemento. Co programa “Por Talento Dixital” desenvolvemos competencias no ámbito dixital para que os máis novos participen achegando a outras persoas novas.
Que as persoas teñan as mesmas oportunidades no “internet das cousas“ móvenos a emprender programas de accesibilidade das novas tecnoloxías, coma o Programa Raíña Letizia para a inclusión e o impulso do proxecto Ga11y sobre videoxogos accesibles, entre outros.
Co compromiso de promover a igualdade de trato entre mulleres e homes, en 2009 creamos o Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE. Este promove a reflexión sobre a realidade actual e propón liñas de mellora nos niveis de participación activa da muller.
Ademais, o Observatorio analiza a situación de todas as mulleres, especialmente con discapacidade, tanto desde a perspectiva de acceso ao emprego ou outros servizos sociais, así coma na súa participación en política, xestión ou representación sindical.
Na gobernanza:
O noso Goberno corporativo elíxese mediante a votación dos afiliados da ONCE nun proceso democrático. Nel cóidase a composición e diversidade e asegúrase a representación de persoas con e sen discapacidade. A través do noso goberno, e dun proceso de transparencia e rendición de contas, garantimos unha boa administración dos recursos e a asignación íntegra ao noso obxectivo social.
Rexémonos polo respecto aos Dereitos Humanos e códigos estritos de conduta. Garantimos condicións dignas de calidade de vida para todas as persoas que traballan con nós.
Enfocados no futuro, nas persoas
Pensando nos criterios ASG (Ambiental, Social e de Gobernanza, ou ESG como acrónimo en inglés) automaticamente podes centrar os teus pensamentos na loita contra o cambio climático e a protección do medio ambiente. Cuestións, sen dúbida, ás que hai que prestar unha especial atención. Non obstante, nos últimos tempos somos cada vez máis conscientes de que a Sostibilidade é un termo amplo, que ten que entenderse coma unha rede de elementos relacionados que nunca poden separarse da S de social e, sobre todo, que marcan o noso desempeño como Grupo. Como Grupo Social ONCE confirmamos -e avanzamos-, ano tras ano, que traballamos para asegurar un modelo de creación de emprego que goce de lexitimidade, coherencia e constancia en todo o que promovemos.
Desde a nosas marcas: ONCE, Fundación ONCE e Ilunion, mostramos un firme compromiso para seguir a mellorar e aumentar o alcance de todo o que facemos, sempre aliñados cun firme obxectivo: seguir a crecer con criterios ESG, seguir a ser competitivos e sempre reforzando a nosa dimensión social, os compromisos ambientais e de bo goberno.
As organizacións no futuro terán os criterios ESG incluídos como parte do seu día a día. Máis que un requirimento a cumprir, formará parte dunha cultura empresarial, do proxecto de futuro. Nós, no Grupo Social ONCE estámolo logrando grazas á túa confianza, baseada no noso facer de oito décadas, e se nos queda moito camiño, querémolo percorrer como ata agora, contigo.
Todo iso realizámolo escoitando e estando preto dos grupos que dan voz á nosa sociedade, sendo parte das principais plataformas promotoras da sostibilidade, e protagonistas dos principais cambios nese ámbito, así como colaborando desde a perspectiva institucional. Somos parte de Forética, Spainsif, Fundación SERES, así como de programas e iniciativas, en España e fora de España, que teñen como obxectivo achegar o noso coñecemento e experiencia para mellorar o noso contorno e ter un maior impacto, xerando alianzas.
No Grupo Social ONCE estamos convencidos de que, no futuro, as organizacións serán moito máis sostibles ou non serán. E o liderado será un liderado responsable, sostible e inclusivo, ou senón non será liderado.