
As mesmas actividades que a uns lles parecen doadas, outros teñen que buscar formas de realizalas que requiren de máis esforzo, máis tempo ou en ocasións non se poden facer. E isto non se debe sempre á capacidade, senón á falta de adaptación desas actividades ou á falta de acceso ás mesmas. Esta desigualdade fai que non todos teñamos as mesmas oportunidades e é o que, como sociedade, nos fai perder capacidade de avanzar e crecer.
No Grupo Social ONCE, a consecución da autonomía de todas as persoas con discapacidade é e será a principal prioridade, polo que a nosas accións se encamiñan a axudar a conseguila. Todos queremos valernos por nós mesmos e acadar ao máximo o noso potencial, axudámoste a logralo!

Social
Deselvolvemos diferentes actuacións destinadas a mellorar o benestar dos afiliados. Realízase proporcionando información, orientación e asesoramento, despois de facer unha avaliación individualizada das necesidades de cada un e do seu contorno familiar.

Fundacional
A nosa misión é traballar para lograr que se establezan, coñezan e apliquen criterios e estándares á hora de deseñar, construír, adaptar e manter o contorno, a súa dotación, así coma os produtos e servizos de forma que acaden, manteñan ou melloren os seus niveis de accessibilidade.

Empresarial
Traballamos en transformar os contornos e favorecer a igualdade de oportunidades entre todas as persoas. Cremos na accessibilidade universal para todos, en todas partes.