Fundación ONCE do Can Guía
Os cans son os nosos mellores amigos, tamén das persoas cegas. Na Fundación ONCE do Can Guía (FOPG) levamos décadas coidando, adestrando e dando cariño aos animais que serán os ollos das persoas que non poden ver, favorecendo a súa autonomía e mobilidade.
A Fundación conta cun centro de cría e adestramento, con máis de 50 profesionais cunha acreditada experiencia e alta especialización.
Podes colaborar de moitas formas coa Fundación ONCE do Can Guía, por exemplo, adoptando a un dos pequenos cachorros que, de maiores, se converterán no mellor amigo dunha persoa cega, contribuíndo a que estes pequenos vivan nun contorno saudable, de cariño e familiar.

Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE
A fisioterapia é unha garantía de futuro profesional para as persoas con discapacidade visual. En 1964 a ONCE fundou a Escola de Fisioterapia, o que hoxe coñecemos como a EUF, xa que agora é Escola Universitaria de Fisioterapia, centro adscrito á Universidade Autónoma de Madrid. É un centro docente con profesionais altamente cualificados, que ofrecen unha atención personalizada e de calidade.As prácticas realízanse en centros de referencia estatal, con recoñecemento no mundo sanitario. A EUF tamén aposta pola investigación e posúe un laboratorio con múltiples áreas coma, por exemplo, a análise do movemento para prever enfermidades.
Co fin de mellorar a formación dos seus titulados, prográmanse cursos de postgrao para actualizarse ao máximo nivel. É unha escola que tamén é aberta e ofrece prazas a persoas sen discapacidade, cos mellores formadores.
Anualmente, celébranse as Xornadas da Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE.

Centros de Recursos Educativos (CRE)
Con máis de 80 anos de experiencia en educación para estudantes con discapacidade visual, os antigos colexios da ONCE nacidos nos anos 60 do século pasado evolucionaron ata o que hoxe coñecemos como CRE, Centros de Recursos Educativos.
Actualmente, os CRE de Madrid, Pontevedra, Sevilla, Barcelona e Alacant dan cobertura a 7.153 escolares de todos os puntos da xeografía, o 99% deles cursando os seus estudos nunha educación de calidade e integrada en todos os colexios e institutos ordinarios, que reciben dos CRE asesoramento, traballo conxunto, materiais adaptados e atención directa aos estudantes con cegueira ou con discapacidade visual severa, así coma ás súas familias.
O CRE de Madrid, un edificio totalmente accesible e adaptado, é o único con alumnos e alumnas internos, centrado nun modelo de apoio a menores con xordocegueira e a outros con necesidades educativas específicas. Conta con distintos laboratorios e salas multisensoriais para a atención máis próxima e especializada, co obxectivo de que os estudantes melloren e se incorporen á educación ordinaria.

Fundación ONCE para a Atención de Persoas con Xordocegueira
FOAPS nace en 2007 coa intención de atender as necesidades específicas das persoas con xordocegueira -con case 4.000 afiliadas á ONCE-, unha das discapacidades que máis illamento e problemas de comunicación producen. Educación, emprego e comunicación convértense en instrumentos necesarios para lograr a integración socio-laboral e mellorar a calidade de vida deste colectivo. Búscase favorecer o seu desenvolvemento humano e intelectual.

Centro de coñecemento nas empresas Ilunion
Un centro de coñecemento dixital para potenciar e reforzar a aprendizaxe interna e externa. Este espazo está dividido en distintas bibliotecas a modo de repositorio de boas prácticas internas e externas, benchmarking, asistencia a xornadas e eventos, entre outros.