Editar imagen banner principal

Accesibilidade

 

O obxectivo do Grupo Social ONCE é que todas as persoas, independentemente de ter unha discapacidade, da idade ou de acceder á web desde tecnoloxías pouco convencionais, poidan navegar polas páxinas deste sitio web sen atopar dificultades de acceso, é dicir, gozar da accesibilidade total

A tal fin, o desenvolvemento da web do Grupo Social ONCE baseouse no cumprimento das Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web 2.0 establecidas polo W3C (Consorcio da World Wide Web).

 

 

Algunhas das funcionalidades implantadas na web do Grupo Social ONCE para permitir a accesibilidade a todos os contidos da web con maior facilidade son:

  • Los tamaños das fontes definíronse con unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír o tamaño da fonte desde as opcións do navegador.
  • Disponse dun enlace para seleccionar paleta de cores de alto contraste.
  • As páxinas teñen unha estrutura clara tanto para o usuario que pode ver todo o contido, como para o que le a información cun lector de pantalla.

Ao comezo hai un pequeno buscador seguido de enlaces ás principais seccións da WEB. A continuación, indicado co texto "Estás en",  atópanse uns enlaces que informan sobre o punto exacto onde estamos.

Tras estes elementos comúns en toda a web, móstrase o contido concreto da páxina. Os distintos apartados están marcados como encabezados de sección. Así, os usuarios de lectores de pantalla por síntese de voz poderán desprazarse con facilidade entre os distintos apartados premendo a letra "H".

  • O código HTML e CSS empregado axústase ás gramáticas formais para garantir a correcta visualización dos contidos en distintos navegadores..