
O 70% dos nosos ingresos prodúcense cando compras algunhas das modalidades de lotería responsable, segura e social a través dos nosos máis de 20.500 vendedores -as sentinelas da ilusión da ONCE-, outros establecementos colaboradores ou da nosa web de Xogos ONCE.
O outro 30% dos nosos ingresos tamén ven de ti: ao elixir os hoteis, os seguros, ou as clínicas e residencias de Ilunion. Ou, se es unha empresa, ao contar cos nosos servizos nalgunha área de actividade empresarial nas que traballan para ti máis de 43.000 persoas con e sen discapacidade.
Cada vez que contratas un dos produtos ou servizos a Ilunion pos ás persoas no centro, pola diversidade no seu cadro de persoal, cun 50,6% de mulleres, 62,4% de persoas con máis de 45 anos, 8% de persoas de nacionalidades diferentes á española e un 16% de persoas en risco de exclusión social.
Este é o noso compromiso: xerar valor para a sociedade mediante un modelo de negocio rendible desde o punto de vista económico, sen renunciar ao beneficio social.