Áreas de actividade

Crúzaste co Grupo Social ONCE todos os días na rúa, es consciente? Estamos aí xerando empregos de calidade, e facémolo cunha ampla oferta de produtos e servizos a través da nosas marcas: ONCE, Fundación ONCE e Ilunion.

Esta capacidade de estar en tantos lugares require un alto nivel de profesionalidade, especialización e excelencia na xestión, sen esquecernos de por que o facemos e do noso propósito. Ti fas posible que a igualdade de oportunidades para persoas con discapacidade sexa real cada vez que confías en nós, así activas a nosa capacidade.

Mira todas as oportunidades que se xeran de investimento social cada vez que compras algún dos nosos produtos ou, como empresa, contratas algún destes servizos:

Que che podemos ofrecer?

 

 

 

 

 

 

Tamén podes colaborar coa ONCE e Fundación ONCE como voluntari@

Se tes máis de 18 anos, podes formar parte dos nosos programas de voluntariado da ONCE: Programas de acompañamento, acceso á información, deporte, cultura, difusión ou internacional. Co teu compromiso e dedicación, axudarás a máis de 70.000 persoas afiliadas a ONCE, favorecendo un mundo máis xusto e igual para todas as persoas.

Infórmate no botón de abaixo ou escríbenos ao correo voluntariado@once.es.

 

Voluntariado ONCE

Melloramos a calidade de vida das persoas con discapacidade coa colaboración de persoas voluntarias coma ti.

Na Fundación ONCE traballamos pola plena inclusión das persoas con discapacidade. Neste voluntariado dá igual a discapacidade, idade, raza ou o xénero de quen dá a axuda e de quen a recibe. Úneste?

Voluntariado de Fundación ONCE botón para solicitar información Abre nunha pestana nova
Os voluntarios son xente bonita que avanza e non se detén xamais. Grazas por estar con nós, por darnos o voso brazo e deixarnos un recunchiño no voso corazón.
Miguel Carballeda
Presidente do Grupo Social ONCE