Sostibilidade no Grupo Social ONCE

Sostenibilidad Destacado 1

No Grupo Social ONCE temos un firme compromiso coa sostibilidade e a loita contra o cambio climático. Como o facemos? Contribuíndo ao desenvolvemento dunha economía máis verde, baixa en carbono e máis inclusiva.

As persoas con discapacidade son un colectivo especialmente vulnerable ao cambio climático. Reflexionouse sobre isto no evento ‘Cambio climático, transición ecolóxica e persoas con discapacidade’.

Responsive Image
Responsive Image
Existe unha gran interdependencia entre a S de social e a A de ambiental (dentro dos aspectos ASG). Para que poida falarse de sostibilidade, todo avance en materia ambiental ten que incorporar tamén a vertente social.
Canto á adaptación ás consecuencias e impactos do cambio climático,  no Grupo Social ONCE analizamos os principais riscos e oportunidades a ter en conta. Por iso, desenvolvemos iniciativas para aumentar a súa resiliencia, a dos seus activos, empregados e outros grupos de interese fronte aos impactos climáticos.
Para mitigar o cambio climático, traballamos na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro mediante iniciativas coma: o melloramento da eficiencia enerxética das instalacións, o uso de enerxías renovables, o cambio de fontes enerxéticas nas actividades con máis emisións ou o pulo de accións para unha mobilidade máis sostible.
Defendemos a necesidade dunha transición verde xusta e inclusiva. No Grupo Social ONCE sempre poñemos ás persoas no centro, polo que non as queremos deixar atrás e ofrecerlles oportunidades de emprego e inclusión, coa accesibilidade como condición da transformación verde das nosas sociedades.

Reproductor de vídeo accesible

Testimonios Sostenibilidad

Que é o que máis motiva aos nosos traballadores de traballar en proxectos de sostibilidade? Cóntancho eles mesmos.

 

Responsive Image
O compromiso coa sostibilidade do Grupo Social ONCE está na súa propia natureza e razón de ser. No Grupo e nas áreas que o compoñen temos o obxectivo esencial de xerar impacto social positivo, contribuíndo a facer realidade o principio de igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.

No desenvolvemento do seu propósito, na súa estratexia e desempeño, integramos outras cuestións relacionadas co bo goberno, a xestión responsable ou o respecto polo medio ambiente. Tratamos de aplicar as mellores prácticas en materia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), cuxa denominación máis estendida na actualidade é a de sostibilidade, sempre tendo en conta a tripla perspectiva A (Ambientais), S (Sociais) e G (Gobernanza).
Responsive Image
Para o Grupo Social ONCE, a sostibilidade representa unha oportunidade para incidir na relevancia da perspectiva da discapacidade nas políticas e estratexias, públicas e privadas, desenvolvidas por terceiros nesta materia. A sostibilidade forma parte da nosa axenda de relacións institucionais e asuntos públicos.

As tres áreas executivas que compoñen o Grupo contan cunha Política de Sostibilidade e cunha estratexia ou Plan Director de Sostibilidade, que determinan o enfoque e asuntos prioritarios sobre os que traballar neste ámbito.

Temos incorporado compromisos e accións relativas á sostibilidade nos últimos Programas de Goberno e Plans de Desenvolvemento e Execución. No Código Ético do Grupo Social ONCE tamén incluímos a sostibilidade coma o valor número 11, reflexo da súa progresiva incorporación na nosa cultura corporativa.

Manifiesto del Grupo Social ONCE por el Día Mundial del Mediambiente 

No Grupo Social ONCE temos un firme compromiso coa sostibilidade e a loita contra o cambio climático. Como o facemos? Contribuíndo ao desenvolvemento dunha economía máis verde, baixa en carbono e máis inclusiva.

As persoas con discapacidade son un colectivo especialmente vulnerable ao cambio climático. Reflexionouse sobre isto no evento ‘Cambio climático, transición ecolóxica e persoas con discapacidade’.