Editar imagen banner principal

Política de Privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DA WEB WWW.ONCE.ES DA ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CIEGOS ESPAÑOLES (ONCE)

En conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (no sucesivo, o RGPD), no caso de que o Usuario da páxina Web subministrase datos de carácter persoal, a política en materia de protección de datos da ONCE será a seguinte:

A recollida dos datos só se realizará co consentimento do Usuario para que eses datos poidan ser incorporados a ficheiros titularidade da ONCE e procesados exclusivamente para a finalidade que se especifique na lenda adxunta ao formulario de recollida. Os datos obtidos a través dos formularios correspondentes, serán os imprescindibles para poder prestar o servizo ou información requiridos polo Usuario.

Como única responsable do ficheiro, a ONCE comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos, a tratar os datos co grao de protección adecuado, segundo o establecido no RGPD, e a adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que os poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados ao Usuario, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.

O Usuario poderá en todo momento revogar o consentimento para o tratamento dos seus datos, así como exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, así coma os dereitos de  limitación e oposición ao seu tratamento,  dirixindo unha comunicación escrita ao seguinte enderezo: Dirección General de la  ONCE, calle Prado, 24, 28014 Madrid ou un correo electrónico a dpdatos@once.es. O exercicio destes dereitos é persoal, polo que unicamente o propio Usuario, directamente ou a través de representante legal ou voluntario, poderá exercer tales dereitos respecto dos datos persoais dos que é lexítimo titular.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no RGPD e na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, a ONCE non enviará por medios electrónicos comunicacións publicitarias que non foran consentidas expresamente polos Usuarios. Cando a ONCE dispoña do consentimento do destinatario para recibir comunicacións comerciais mediante correo electrónico, ademais, informaráselle da posibilidade de opoñerse á recepción de comunicacións comerciais por vía electrónica e do procedemento para revogar o consentimento prestado, así como da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do seu tratamento ou oposición ao tratamento dos datos, así coma á portabilidade dos datos, previstos na normativa de protección de datos persoais, a cuxo efecto facilitaráselle un enderezo electrónico para exercer os seus dereitos.