
EXPLÍCOCHE O MODELO
Consiste en reinvestir o 100% dos nosos beneficios para lograr a igualdade de oportunidades con todos incluídos. Implica demostrar que se pode pensar antes nas persoas sen deixar de ser rendibles.
Significa tamén unha responsabilidade coa xestión transparente deses beneficios, para que se transformen en oportunidades reais e palpables. Hoxe reinvestimos cada euro en proporcionar programas de formación en todas as etapas da vida, con educación, autonomía persoal e emprego de calidade para as persoas con discapacidade e para os que máis difícil o teñen.

Social
Implica que a discapacidade deixa de ser unha barreira para achegar valor en sociedade. Facémolo a través da ONCE, coas nosas loterías responsables, seguras e sociais desde hai 86 anos, sempre a carón das persoas con cegueira e baixa visión severa.

Fundacional
Significa que existen programas especializados coma os de Fundación ONCE, para que as persoas con calquera tipo de discapacidade ou en risco de exclusión social poidan realizar os seus proxectos de vida con total autonomía e en igualdade de condicións.

Empresarial
Pretende que as empresas teñan un equilibrio social e económico e, ao tempo, demostren ser excelentes na xestión con rendibilidade, equipos profesionais e os estándares de calidade máis elevados. As empresas Ilunion fano posible.