Ti e máis eu non só esperamos portas abertas nos centros de estudo. Esperamos que os programas, as ferramentas tecnolóxicas e os espazos físicos sexan accesibles e adecuados para as nosas necesidades, por particulares que sexan.
Sabemos que a formación é fundamental para que todas as persoas, con e sen discapacidade, poidan acceder a un emprego ou mellorar o que teñen e realizar os seus proxectos de vida.
Toda esta actividade, repartida entre as tres áreas (social, fundacional e empresarial) que conforman o Grupo Social ONCE, fala do esforzo e dos recursos que destinamos ano a ano a unha preparación con altos estándares de calidade. Un labor que realizamos non só para os traballadores e traballadoras que forman parte do Grupo Social ONCE, senón para todas as persoas con discapacidade na sociedade.
A formación é clave para que cada persoa acade o nivel de profesionalidade que require sexa cal sexa a súa actividade porque, proporcionando ferramentas para ser máis competentes, podemos demostrar que a rendibilidade social e a económica van da man.
Un dos exemplos máis recentes é o acordo con IE University para promover a formación de persoas con discapacidade, impulsar a súa incorporación ao mundo empresarial, reforzar o seu perfil emprendedor e innovador e desenvolver políticas de contratación socialmente responsable.