Contribución do Grupo Social ONCE aos ODS
8º aniversario da aprobación da Axenda 2030 e os ODS
O Grupo Social ONCE está firmemente comprometido coa chamada á acción que representan os ODS por un futuro máis inclusivo e sostible, apostando decididamente por incorporar os criterios ASG (Ambientais, Sociais e de Bo Goberno) en toda a súa cadea de valor.
Como cuarta organización empregadora en España e primeira de persoas con discapacidade no mundo, a través da súa actividade diaria o Grupo Social ONCE contribúe de maneira sólida ao cumprimento de varios dos ODS. A continuación móstranse aqueles obxectivos onde a achega é máis destacada, incluíndo exemplos de iniciativas concretas e indicadores clave referidos ao último exercicio.
A Axenda 2030 sitúa no centro o principio de “non deixar a ninguén atrás” e recoñece expresamente ás persoas con discapacidade como un dos grupos de poboación vulnerables, facendo mención a este colectivo en varios dos seus obxectivos e metas.
Como contribúe o Grupo Social ONCE aos ODS?
Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos
- 5 Centros de Recursos Educativos (CREs) da ONCE, dos que se benefician case 7.400 escolares e adolescentes, ofrecendo asesoramento, materiais adaptados e atención directa ao alumnado cego ou con baixa visión dos colexios e institutos aos que dan cobertura.
- 977 bolsas concedidas pola Fundación ONCE a alumnado con discapacidade en 2022, incluíndo entre outras 409 bolsas para estudantes novos con discapacidade intelectual, en colaboración con distintas universidades.
Acadar a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e ás rapazas
- 44,3% de mulleres no cadro de persoal global do Grupo Social ONCE, composto por 68.705 persoas. 45% de mulleres no máximo órgano de goberno.
- Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, para promover a igualdade de trato entre mulleres e homes cegos/as ou con discapacidade visual afiliados/as á ONCE, estendendo tamén o seu ámbito de análise a todo o cadro de persoal do Grupo Social ONCE.
- Proxecto Mulleres en Modo “ON-VG” de Inserta Emprego, para orientar laboralmente a mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero, co obxectivo último de que logren un emprego. Ao peche de 2022, máis de 1.600 mulleres foran atendidas desde o inicio do proxecto.
- Lanzamento de iniciativas como “Mujer enRed” e “ILUNION Women in Tech” en ILUNION, para potenciar o liderado de mulleres non directivas en postos de xestión e incorporar mulleres en postos de cualificación técnica e áreas TIC respectivamente.
Promover o crecemento económico inclusivo e sostible, o emprego e o traballo decente para todos
- 68.705 traballadores e traballadoras a finais de 2022, sendo o cuarto empregador en España. 1 de cada 299 persoas que traballaban no noso país a 31 de decembro de 2022 facíao no Grupo Social ONCE.
- O 62,4% do cadro de persoal ao peche de 2022, 42.844 persoas, tiñan algunha discapacidade. Maior empregador mundial de persoas con discapacidade.
- Asinamento de 8.401 contratos indefinidos en 2022, dos que 1.155 fórono para vendedores/as dos produtos de lotería.
- ILUNION creou 1.000 novos postos de traballo en 2022 nas súas distintas empresas, 917 deles para persoas con discapacidade.
- Creación de 11.824 empregos para persoas con discapacidade a través da Fundación ONCE en 2022, co foco especial na xeración de emprego para persoas con discapacidade con maiores dificultades.
Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización sostible e fomentar a innovación
- Reto “ONCE Innova Emprendedores 2022”, iniciativa colaborativa para acadar novas solucións tecnolóxicas accesibles vencelladas aos ámbitos de innovación da ONCE.
- 1,4 millóns de euros investidos en proxectos de I+D+i desde a ONCE.
- Promoción do emprendemento no ámbito da accesibilidade universal a través da Fundación ONCE, contando cunha aceleradora de proxectos propia e apoiando proxectos de innovación social de alto impacto da man de entidades recoñecidas como Ship2B.
Reducir a desigualdade en e entre os países
- Prestación dunha ampla oferta de servizos sociais a través da ONCE para persoas cegas ou con discapacidade visual grave en ámbitos como educación, emprego, rehabilitación, tecnoloxía adaptada, ocio, cultura, deporte ou comunicación.
- Apoio ás entidades do movemento asociativo da discapacidade a través de convocatorias impulsadas pola Fundación ONCE para o financiamento de proxectos: 2.584 proxectos financiados en 2022 (83,6 millóns de euros) atendendo a 1.017 entidades distintas.
- Programas de voluntariado para o acompañamento e apoio a persoas con discapacidade.
Acadar que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sostibles
- Centro de Tiflotecnoloxía e Innovación da ONCE, referente en España e no mundo en accesibilidade e produtos de apoio para persoas cegas ou con deficiencia visual grave.
- 12,7 millóns de euros investidos a través da Fundación ONCE en proxectos de axuda para mellorar a accesibilidade, destinados a entidades xestoras de centros para persoas con discapacidade, así como a particulares con discapacidade.
- Sistemas de alertas accesibles en espazos públicos e privados para persoas con perda de audición a través da tecnoloxía Visualfy Places de ILUNION Accesibilidade.
- Desenvolvemento do sistema Blind Explorer para promover solucións de guiado e orientación para persoas cegas grazas a ILUNION Accesibilidade.
Garantir modalidades de consumo e produción sostibles
- Adhesión aos principios de Xogo Responsable da Asociación Mundial de Loterías (WLA) e da Asociación de Loterías Europeas (EL), recibindo en 2022 un selo especial de EL (European Lotteries) despois de acadar cinco certificacións consecutivas. 99,18% de cumprimento cos estándares de EL sobre Xogo Responsable.
- ILUNION Economía Circular, actividade de negocio de transporte, reciclaxe e valorización de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEEs), xerando ao mesmo tempo emprego para colectivos vulnerables. 60.403 Tn de RAEEs transportados en 2022 e 14.247 Tn xestionadas en plantas de reciclaxe. 95% residuos valorizados.
- 7.400 packs de alimentos salvados en ILUNION Hotels grazas á alianza con Too Good To Go, o que se traduce en 19 toneladas menos de CO2.
Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos
- Definición de obxectivos de descarbonización do Grupo Social ONCE a medio e longo prazo.
- Despregadura de accións en materia de eficiencia enerxética, enerxías renovables, substitución de vehículos ou mobilidade sostible, entre outras, para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro derivadas da nosa actividade.
- Compensación das emisións de CO2 finalmente producidas, destacando o proxecto Bosque ILUNION, que permitirá a absorción de 13.514 toneladas de CO2 nos próximos anos.
Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas
- Promoción da perspectiva da discapacidade en distintas esferas, facilitando a adopción de decisións inclusivas, participativas e representativas do sector da discapacidade. Xestión interna baseada na ética, o bo goberno e a transparencia.
- Estreita colaboración co Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), contribuíndo ao artellamento do movemento da discapacidade en España, así coma á defensa de dereitos das persoas con discapacidade.
- Pulo á incorporación da perspectiva da discapacidade nas estratexias de Sostibilidade doutras organizacións mediante distintas iniciativas, e participación nos principais foros e plataformas do ámbito da Sostibilidade.
- Códigos Éticos e pautas de conduta responsable para directivos/as e traballadores/as das organizacións que compoñen o Grupo Social ONCE.
- Canle de denuncias e suxestións en materia ética, penal e tributaria, accesible vía web para as persoas traballadoras e outros grupos de interese externos.
- Políticas e medidas activas en materia de compliance.
Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible
- Compromiso co Pacto Mundial de Nacións Unidas e colaboración activa na difusión dos ODS.
- Alta participación en plataformas do terceiro sector, a discapacidade e a economía social, tanto a nivel nacional coma internacional, relacionadas cos intereses do Grupo Social ONCE.
- Asinamento de 200 convenios de colaboración da Fundación ONCE con entidades públicas e privadas de diferentes ámbitos en 2022.